Podemos facer da COVID-19 a última pandemia
3,136,682 plays|
Bill Gates |
TED2022
• April 2022
Contruír un futuro libre de pandemias non será fácil, pero Bill Gates cre que temos as ferramentas e estratexias para facelo posible. Agora só temos que financialas. Nesta charla con visión de futuro, el propón un equipo multidisciplinar de Resposta e Mobilización Epidémica Global (GERM), que detecte posibles gromos e impida que se convertan en pandemias. Ao investir en monitorización, investigación e desenvolvemento de enfermidades, ademais de en mellorar os sistemas de saúde, Gates cre que podemos "crear un mundo onde todas as persoas teñan a oportunidade de vivir unha vida sa e produtiva, unha vida libre do medo á próxima COVID-19".